ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A fábrica china de As Pontes comezará a construirse antes de finalizar este mes de setembro. Levantaráse unha nave industrial de 12.000 metros cadrados, un edificio auxiliar e as dependencias para oficinas. Daxiong Spain producirá cable de aceiro cun plantel situado entre os 40 e os 50 empregados.
Daxiong adquiriu en outubro do pasado ano varias parcelas que suman 40.000 metros cadrados en Penapurreira. Este proxecto industrial contou coas axudas do Plan Ferrol. O proxecto conta cun investimento que alcanzará os 5 millóns de euros, segundo os seus promotores.
A firma das Pontes é filial de Tianjin Daxiong Prestressed, unha compañia con sede na cidade china do mesmo nome. Fabrican cable pretensado de aceiro seguindo un proceso altamente automatizado. Mäis do 80% da produción destínase á exportación, como sucederá tamén na planta galega. No polígono de Penapurreira xa comezou a explanación do terreo.