Unha fórmula xurídica pode salvar Alcoa

Está vixente a lei de expropiación forzosa para salvar a fábrica da Mariña
01 de Outubro, 2020 - 09:50 h. | Publicada por Radio Fene

A CIG aposta pola intervención pública de Alcoa, avalada por unha fórmula xurídica para sectores estratéxicos como o do aluminio.

ESCOITA O PODCAST:

Os traballadores de Alcoa manteñen as movilizacións coa intención inmediata de evitar a parada das cubas, evitar os despedimentos, e a esperanza de que os gobernos mostren firmeza diante da empresa para que acceda á venda. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, aposta pola intervención pública da fábrica, avalado por un informe elaborado pola UDC (Universidade da Coruña) que demostra que esta opción é xusta e necesaria. Tamén alega Carril que existe unha fórmula xurídica para casos como este, xa que Alcoa pertence a un sector estratéxico, o mesmo que a anerxía. “Está vixente a lei de expropiación forzosa e tamén é posible por medio dun decreto, iniciando un proceso expropiatorio específico” explica o secretario da CIG quen engade outro argumento mais, lembrando que “Europa é deficitaria en producción de aluminio e o marco europeu establece medidas de protección dos productos europeos do aluminio”.

O impacto do peche de Alcoa sería letal para a Mariña luguesa, non só para os máis de 1000 traballadores directos da fábrica. Toda a comarca vive desta empresa. Paulo Carril suma a esta desgraza, a desgraza para todo o sector industrial galego e cita a Meirama, Endesa nas Pontes, o Naval en Ferrolterra, a industria electro-intensiva… “O sector público debe tomar unha decisión rápida” conclúe Carril. Quedan 14 dias.

 

(Fotografía de Angel Manso)

Sociedade

Publica o teu comentario agora