ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Cando as cousas non van ben, todo se aliña contra dun”, reflexiona o adestrador do Perlío B, Gonzalo Beceiro, sobre o partido da Segunda Futgal Barallobre 4 - 1 Perlío B. “Un resultado superavultado, o partido foi moitísimo máis igualado do que pode dar a entender o marcador”.

“Comezou moi igualado, moi disputado”, explica Gonzalo Beceiro. Un gol de Duba adiantou ao O Perlío B. “Un inicio moi prometedor”. Ao acabar a primeira parte o marcador marcaba un empate. A situación mudou radicalmente no segundo tempo. “Unha falta para nós inexistente desequilibrou o partido, acusamos moito ese golpe”, relata o míster. “Sabíamos que era un partido difícil, nun campo de herba natural, difícil controlar a pelota, eles están eles máis afeitos, iso tamén marca diferencias”, sinala Beceiro.
Publica o teu comentario agora