Unha feira diferente

Unha feira diferente
23 de Marzo, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

“Cando a alcaldesa de Moeche me chamou para ver si lle podiamos organizar esta feira, eu respondinlle ‘se queres unha feira calquera, non. Se queres que fagamos unha feira de queixos diferente, que destaque, que sexa distinta aínda que sexa modesta entón camiñamos para diante’”, afirma Chao Quintana, responsable da empresa Rural Consulting, organizadora da Feira do Queixo de Moeche, que celebra este domingo a súa quinta edición.

“Nesta feira, aínda que respectamos moitísimo as denominacións de orixe galegas, só admitimos a un produtor de cada denominación, o resto teñen que cumprir unha das dúas características seguintes: ou ser artesanais e traballar a innovación ou ser dos concellos limítrofes. Grazas a iso fomos atraendo multitude de proxectos moi innovadores que foron aparecendo en Galicia nestes últimos anos”, destaca Chao Quintanta. A xerente de Rural Consulting asegura que se converteu nunha experta en queixos “grazas a Moeche” e desvela que outra as peculiaridades que fai distinta a esta feira “é que a xente a esta feira ven a comprar con ímpeto”. Por iso conseguiron que queixerías moi importantes que non van a feiras normalmente, que teñen o seu produto vendido en restaurantes de estrelas Michelín ou en tendas especializadas veñan a Moeche o vindeiro domingo 26 de marzo. A V Feira do Queixo que se celebrará no Mercado de San Ramón contará este ano con un total de 38 expositores dos que 28 serán queixerías. 18 son galegas e as outras 10 con produto procedente de Asturias, Cantabria, Zamora, León, Francia e do País Vasco. Deste último lugar é a queixaría convidada na presente edición, Lácteos Goine, acollida á Denominación de Orixe Protexida Idiazabal. Os queixos desta D.O.P. elabóranse nos territorios de Euskal Herria -País Vasco e Navarra- a partir de leite cru de ovellas de raza Latxa ou Carranzana, do que saen pezas de entre 1 e 3 quilos cun mínimo de 2 meses de maduración.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora