Unha feira para aprender

Unha feira para aprender
07 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Feira dos Casais este domingo en Fene. Organizada pola comunidade do centro educativo de Maniños. Dúas alumnas, Anxos Rodríguez Pico e Deva Soto Lopes, presentaron a iniciativa en Radio Fene, acompañadas por Marta Soto, da ANPA, e o profesor Diego García. 

ESCOITA O PODCAST:

Toda a rapazada do centro educativo participou neste proxecto no que poñen en pé unha actividade coa que experimentan o valor da cooperación, porque a Feira dos Casais nace dun proxecto integral para facer o patio do colexio máis diverso e inclusivo. Aprenderon primeiro das súas avoas e avós como eran antes as feiras. Recrearon tamén unha feira nunha maqueta e agora levarana á vida real. O domingo día 8 venderán as súas mercadorías, todas de segunda man na Feira dos Casais, que se vai celebrar pola mañá no campo da festa e no Círculo de Perlío, a partir das dez da mañá.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora