Unha festa da afección

Unha festa da afección
25 de Maio, 2026 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

O Val de Narón proclamouse campión da Copa Ferrol tras vencer 2-0 ao Cultural Maniños na Pedreira en Mugardos en partido de fútbol xogado na tarde do pasado sábado. Adrián Martínez, adestrador do conxunto de Fene, recoñeceu a superioridade do rival, que impuxo máis intensidade malia unha clara ocasión inicial do Maniños a balón parado.

Fotografía César Fraga

Un penalti na primeira metade e un erro defensivo na segunda consolidaron a vitoria do Val, sentenciando o encontro tras o intento de reacción dun Maniños que non se puido levar a séptima copa para as súas vitrinas. As afeccións do Maniños e do Val protagonizaron unha auténtica festa do fútbol na grada da Pedreira.

 

Fotografía César Fraga

Deportes

Publica o teu comentario agora