Unha festa da solidaridade

Unha festa da solidaridade

20 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O coñecido actor Javier Gutiérrez participará nunha nova edición do Festival Solidario da ONG Lena que se celebrará este mércores 22 de decembro ás oito e media da tarde no Pazo da Cultura de Narón (A Coruña). Ademáis do protagonista de "Águila Roja" tamén acudirán a Narón, Belén Constenla, Flor Maceiras, Luis Zahera, José Luis Prieto e o grupo Obras P&ua

Participará ademais a banda de gaitas e o grupo de baile tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón, un grupo de bailes de salón das escolas do Padroado e o club de ximnasia rítmica Acordes. O prezo da entrada ascende a 8 euros.
 
A ONG LENA é unha organización non gubernamental para o desenvolvemento, sen ánimo de lucro e laica, que ten como obxectivo principal colaborar no proxecto educativo que a ONG Graos de Luz e Griô (1º Premio en Educación e Paticipación Itaú-Unicef 2003), promove na cidade de Lençois-Bahía (Brasil). A entidade naceu despois dun encontro entre un grupo de persoas de Narón con educadores e adolescentes da ONG Graos de Luz e Griô. Constituiuse co fin prioritario de contribuir na educación de nenos, nenas e adolescentes con necesidades severas, tanto materias como afectivas e psicolóxicas, co fin de ofrecerlles unha perspectiva de futuro.

Máis información na súa páxina web

Sociedade