Unha hemeroteca para non perder a memoria transformadora do feminismo galego

Unha hemeroteca para non perder a memoria transformadora do feminismo galego

03 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

As evidencias obrigan a abrir os ollos até aos máis reticentes. A nosa realidade social non se pode explicar sen atender ás conquistas do feminismo. A loita polo divorcio ou contra o delito do adulterio; a denuncia da violencia machista; a demanda de igualdade laboral e no reparto do traballo doméstico; a inclusión de mulleres nos postos de representación; a defensa dunha sexualidade libre; a loita, antes e hoxe, contra penalización do aborto... Moitas desas

A Saia, Andaina e Festa da Palabra Silenciada son algunhas das revistas publicadas nos oitenta que permiten coñecer a traxectoria dos feminismos e das feministas en Galicia. Estas tres publicacións son as que inauguran o proxecto “Hemeroteca Feminista Galega A Saia”. O obxectivo último desta proposta pasar por poñer a disposición do público unha documentación de utilidade para todas as persoas interesadas nos feminismos e na historia recente de Galicia. Nestas publicacións pódense documentar con moito detalle os debates sobre o suxeito político do feminismo en Galicia, e as accións reivindicativas, ferramentas e estratexias de mulleres feministas.

Sociedade