Unha historia que marca un camiño

Unha historia que marca un camiño
18 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Vivimos nun mundo que non é nada poético”, reflexiona Antón Cortizas, autor de Os dez animais no clube de lectura de Radiofusión. Trátase un libro adicado ao público infantil onde non faltan as rimas nin a diversión.

ESCOITA O PODCAST:

“Vivo moito a poesía porque tiven a sorte de vivilo na rúa. A rúa no meu tempo era todo. Estábamos xogando seguido e tiñamos cantidade de xogos tradicionais metidos na cabeza e xogos literarios como cando chovía moito que nos metíamos nun portal e cantábamos romances" Ademais, recordou ter feito poemiñas de neno e a escaseza de publicacións poéticas. "Supoño que a xente na que non entra a poesía será tamén pola falta de insistencia. É moi difícil editar un libro de poesía”, explica o escritor de Os dez animais, unha historia “que marca un camiño” ilustrada por Lidia Nokonoko

 

Cultura

Publica o teu comentario agora