ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Madeira é un paraíso para o turismo. É o destino que nos propón Ana Rodríguez, da axencia de viaxes de Fene Zafiro Tours no espazo Bulebule de Radio Fene. O éxito de Madeira débese a “unha mistura de clima agradábel, xente simpática, bo aloxamento e boas conexións”.
Madeira "é unha illa para coñecer”, informa Ana Rodríguez. Hai praias, pero non está indicada para turismo de praia, senón para coñecer e gozar cos moitos atractivos cos que conta. Cómese ben e a oferta é económica. “O quen estea a dieta vaino ter complicado, espetadas de tenreira á brasa, bolo do caco, bolo de mel, viño de Madeira, lapas á brasa..”, son algunhas recomendacións gastronómicas. Para visitar hai moitas opcións, tanto en excursións organizadas como alugando un coche para coñecer a illa, “ver Funchal, que é a capital, e baixar nos carros de cestos como se facía antigamente; ver Porto Moniz con piscinas naturais para bañarse, Machico que é un pobiño de pescadores,Santana coas típicas casiñas brancas e vermellas con tellados de palla, a Cámara de Lobos, o cabo Girão que é un dos acantilados máis altos de Europa“. Outra vantaxe é que “está so a dúas horiñas de viaxe en avión”. No verán haberá vós directos os mércores desde Santiago de Compostela e desde Porto pódese viaxar todos os días.
Publica o teu comentario agora