ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O muralista de Madrid Hugo Lomas “Sfhir” gañou o premio do mellor mural do mundo de 2023 na plataforma https://streetartcities.com/. Na noite do martes ao mércores comezou a pintar un novo mural ao pe da igrexa de Fene. Xa perfilou o debuxo que xa se distingue na parede do edificio da rúa Conces número 1. O Perla mural fest ten moita visibilidade e o premio logrado é algo moi importante, segundo a concelleira de Promoción Económica de Fene Angeles Coira. Cristobal Persona, de Chile, tamén avanza co seu mural fronte á escola Concepción Arenal en Chamoso. A muralista italiana Leticia Mandrágora comezará hoxe coa súa obra de arte na praza da Escola de Perlío.
Fene logrou o ano pasado a calificación do mellor mural do mundo co traballo “A violonchelista de Fene” do muralista Sfhir. Conseguiu o maior número de votos na plataforma street city arts competindo con murais de cidades de todo o mundo. O artista madrileño utilizou a técnica da anamorfose, para forzar ao espectador a un determinado punto de vista preestablecido, desde o que o elemento cobra unha forma proporcionada e clara. A ilusión óptica permite ver unha determinada imaxe porque a intérprete do violonchelo xoga coas ventás do patio interior do inmoble, que coinciden cos trates do instrumento. A luz fíltrase polos vidros. Quizais ese xogo, influira para lograr o premio. A asociación Perla mural fest organiza a segunda edición do evento contando coa colaboración do Concello de Fene e de numerosos establecementos comerciais. Quere lembrar o cine e a sala de baile Perla de Perlío.
Na imaxe, Rubén Paz Treze Trazos pintando en Fene en 2023
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora