Unha inxección de moral

Unha inxección de moral
16 de Novembro, 2021 - 09:32 h. | Publicada por Radio Fene

Silva A 2 – 3 Perlío. Tres valiosos puntos que supoñen unha inxección de moral para o equipo da Segunda División feminina galega. “Aínda non temos o ritmo da competición porque só disputamos dous partidos e xa imos na cuarta xornada” precisa a delegada do conxunto dos Pinares Conchi López.

ESCOITA O PODCAST:
O Perlío milita na Segunda División Galega do fútbol feminino

O Perlío adiantouse no marcador xa no minuto 3 e foron sempre por diante. Pero os goles locais no 65 e no 83 puxeron o medo no corpo ás xogadoras visitantes.  O partido xogouse na tarde do domingo no campo de San Pedro de Visma na Coruña.

Deportes

Publica o teu comentario agora