ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A emigración galega non existe só cando se fala do voto en urna ou se fan xiras diplomáticas para visitar aos residentes no exterior. A Xunta entende que hai eivas no trato da Administración coa diáspora que pretende resolver mediante unha nova Lei do Retornado que elabora a instancias do Grupo Popular no Parlamento e cuxo contido se dará a coñecer en breve. A oposición saúda a idea, pero demanda que se teñan en conta as súas acheg
“Coordinar todas as accións da Xunta sobre a emigración nunha lei única”. Resume así o deputado popular Miguel Santalices o propósito da nova norma, que pretende simplificar as relacións entre os residentes na Galicia exterior e o seu Goberno. De prosperar a idea do PPdeG, as comunidades galegas no estranxeiro disporán de puntos de información en orixe que centralizarán todas as súas necesidades nunha única fiestra.
Dende a oposición agardan con expectación a que o partido no Goberno lles achegue o contido do texto que os populares aspiran a promover con rango de lei. A deputada socialista Laura Seara agarda que calquera actuación relevante sobre a emigración sexa consensuada no Hórreo e lembra que, grazas á Lei da Memoria Histórica ou “de netos”, como a coñecen en América, os descendentes de galegos emigrados por causa política ou económica puideron optar aos dereitos de cidadanía propios dos residentes da Galicia interior.
A nacionalista Teresa Táboas saúda que se artellen políticas para garantir o retorno a todos os emigrados que desexen volver, pero coida que é igual de importante que a Xunta aproveite a ocasión para fornecer de oportunidades e capacidade de investimento á poboación residente no exterior. “Poderiamos ter unha gran rede para intercambiar coñecemento grazas a unha emigración que é parte da nosa identidade”, asegura.