ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Maniños- Estrella foi aprazado. O partido suspendeuse a causa da lesión do colexiado que lle impedíu seguir dirixindo o encontro no minuto 40, cando o Maniños ía por diante no marcador 1-0 grazas ao gol de Churras no minuto 20. O encontro reanudaráse o domingo 27 de decembro, en horario por determinar.
O directivo do Cultural Maniños, Alfredo Fernandez, contounos do incidente e da imposibilidade de conseguir outro árbitro onte pola saturación de partidos que había na xornada.
Mágoa senten os do Maniños porque ían gañando aínda que nunca se sabe como acabarían. Alfredo Fernandez adiantounos que rematarán o encontro o domingo 27 que era xornada de vacacións. A outra alternativa era xogar o encontro o día de Reis, pero preferiron sacrificar ese domingo. Antes, o próximo domingo 20 o Maniños visita As Somozas.