Unha lingua útil, viva e moderna

Unha lingua útil, viva e moderna
11 de Abril, 2025 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo Badulaque saltou esta mañá ao escenario do Auditorio municipal de Ferrol con camisolas co lema “Altri non”. Foron oito as bandas participantes no Festival A Mocidade coa Lingua, que cumpre xa 32 anos promocionando o uso da lingua galega entre a xente máis nova. Cecilia Vigo, da coordenadora de equipas de normalización lingüística indicou que o galego é unha lingua util, viva e moderna.

 

A mocidade coa lingua en Ferrol

Eneko do Concepción Arenal e Laura do Sofia Casanova actuaron como presentadores nun festival que contou tamén con Resaca Emocional, Bandatios, Arredemo, Son do Sofia, Esquiós Roqueiros, Sospeitosos Habituais, De moreira e Landra Soleira. Máis de un milleiro de rapaces e rapazas participaron nesta festa da lingua, a música e a cultura.

Cultura

Publica o teu comentario agora