Unha mina a ceo aberto

Unha mina a ceo aberto

18 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Contra os proxectos mineiros en Corcoesto e A Limia e polo mantenemento de espazos protexidos como A Fonsagrada, Santa Comba, Zas, a Serra do Galiñeiro, Ordes, a Terra Chá, Cartelle, Castrelo de Miño, Compostela ou as Fragas do Eume. Os colectivos que configuran Contraminacción manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.

Segundo o profesor da USC e presidente da Asociación de Economía Ecolóxica de España Xoán Doldán,os proxectos mineiros supoñen “un desembarco masivo de empresas transnacionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto”. Tamén advertiu o profesor da USC que se está a promover unha “economía da miseria”, xogándose coa situación crítica pola que atravesan moitas familias ao prometer postos de traballo “que non van existir porque a minaría ten avanzado moito na utilización de maquinaria e na redución de man de obra humana. E iso sen falar da destrución de emprego que provocará en moitos sectores económicos asentados e incompatibles coa explotación mineira da terra. Coa economía da miseria se quere dividir ás comunidades e iso deixará unha herdanza terrible cando as empresas marchen, amais dunha perda patrimonial irreparable”.

Sociedade