Unha mirada á evolución da linguaxe

Unha mirada á evolución da linguaxe
27 de Maio, 2022 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acollerá o mércores 1 de xuño a derradeira sesión do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. O protagonista desta sexta e derradeira charla será o doutor en Bioloxía e profesor da UDC Xurxo Mariño. Falará sobre “Unha mirada á evolución da linguaxe” o vindeiro mércores ás 19.30 h. no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada libre e de balde até completar o aforo.

Xurxo Mariño

Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña (na actualidade en excedencia). Especializado en neurofisioloxía, forma parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. Ten publicado traballos de investigación en revistas especializadas e colaborado co Massachusetts  Institute of Technology (MIT), onde desenvolveu as súas investigacións de pos-doutoramento. O seu traballo de investigación en neurofisioloxía céntrase no estudo dos mecanismos sinápticos de distintas vías sensoriais a nivel talámico e pretalámico, na interacción tálamo-cortical e no regulamento dos niveis de actividade encefálica global no ciclo sono-vixilia. Paralelamente, ten desenvolvido software especializado de estimulación, rexistro e análise electro-fisiolóxico, e colaborado no desenvolvemento de ferramentas estatísticas de análise. Realiza múltiples actividades de divulgación do coñecemento científico, procurando ademais a interacción co mundo das humanidades.

Sociedade

Publica o teu comentario agora