Unha via mixta para reactivar Navantia Fene

Unha via mixta para reactivar Navantia Fene

09 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Reutilización da antiga Astano pola iniciativa privada, pero con carácter temporal e complementario ao contido público. Esa é a alternativa que esta mañá plantexou nun comunicado a asociación empresarial Iniciativa do Noroeste. A SEPI tería que abrir un concurso entre as empresas interesadas en utilizar o estaleiro, na liña da proposta presentada esta semana polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

A asociación Iniciativa Empresarial do Noroeste afirma que a crise económica con caidas na actividade industrial que rondan o 20% en Galicia, reforzan esta saida que califican de intermedia. IEN defende o establecemento dun amplo consenso para a reactivación da factoria de Fene. Segundo o presidente da asociación, Manuel Pérez, o que urxe nestes momentos é abrir as maiores posibilidades de recuperación da actividade naval civil na comarca. A via dunha concesión pública permitiría manter a titularidade estatal dos terreos do estaleiro. Ao mesmo tempo a consecución de contratos, a súa xestión e producción serían abordados desde a iniciativa privada.

Sociedade