Unha moral de ferro

Cultural Maniños 2- Cedeira 2
25 de Marzo, 2019 - 11:14 h. | Publicada por Radio Fene

Os estados de ánimo son moi importantes no futbol e os xogadores do Cultural Maniños superan moi ben a adversidade.

ESCOITA O PODCAST:

O resultado acadado polo Maniños é reflexo da tempada, segundo plabras de Pablo Mesa quen califica o partido de bo en termos xerais. O Maniños xerou ocasións pero non aproveitou os erros do contrario. Adiantouse no marcador pero tras o 1-0 “deberamos ter pechado o partido” declara o técnico. Conseguiron salvar un punto in extremis.

Pablo Mesa declárase contento co sacrificio e esforzo dos seus xogadores quen a pesar dos reveses, siguen moi ben animicamente. “Estamos moi preto de gañar partidos” afirma Mesa.

O calendario quere que o próximo choque sexa co Betanzos, “un equipazo” para Pablo Mesa quen di sentir moito respecto a estas alturas por todos os conxuntos. Sabendo que o Betanzos non se xogan o mesmo que o Maniños, sentencia o técnico que “hai que intentar gañar”.

Deportes

Publica o teu comentario agora