Unha muller de oitenta anos morre nun incendio en Arteixo

Unha muller de oitenta anos morre nun incendio en Arteixo

12 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha muller de 80 anos de idade faleceu na madrugada deste xoves e dúas persoas foron evacuadas debido a un incendio rexistrado nun domicilio do municipio coruñés de Arteixo, no lugar de Chamín. Tras recibir o aviso do incendio uns minutos pasadas as tres da madrugada, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, ademais de persoal sanitario da PAC de Arteixo.

No lugar foron atendidas tres persoas, unha das cales, a muller E.L.G., de 80 anos, faleceu no punto, mentres que os outros dous foron evacuadas nas ambulancias ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Os evacuados son un home de 62 anos, M.M.L., e a muller M.T.L., de 53 anos, ámbolos dous afectados polo fume, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Sociedade