Unha muller, no plantel da Policia Local das Pontes

Unha muller, no plantel da Policia Local das Pontes

06 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A dous días para a celebración do día internacional da muller traballadora, hoxe fomos as protagonistas a través do programa de Radio Eume Voces en Igualdade, enmarcado no programa As Pontes en feminino da Concellería de Servizos Sociais. A emisora local trasladou, durante unhas horas, os seus estudios á sala de lectura da biblioteca, a onde se foron achegando un bo número de veciños e veciñas das Pontes, t

A primeira das voces que escoitamos esta mañá foi a de Erika Sanz, técnico de emprego do Concello das Pontes. Unha muller que se estrea na dura pero á vez gratificante tarefa da maternidade e que leva á práctica un dos permisos que a lei nos ofrece, compartir coa súa parella as dezaseis semanas de autorización para coidado de fillo recén nado. E é que comprende que a educación dos fillos é tarefa de dous, pero as estatísticas non se corresponden con este pensamento, xa que só un dous por cento das mulleres aceptan compartir coa súa parella a baixa de maternidade.

Tamén participou deste programa Voces en Igualdade a única muller que forma parte do plantel da Policía Local das Pontes, Lucía Legaspi Bouza. Nun sector que segue sendo maioritariamente terreo de homes, Lucía Legaspi manifesta non sentirse discriminada polos seus compañeiros, nembargantes na rúa a realidade é ben distinta, e todavía hai quen non asimila ver unha muller coa indumentaria propia das fozas de seguridade.

Voces en igualdade tamén recolleu a opinión da xornalista Cristina Arias, unha profesión na que pouco a pouco as mulleres se están abrindo camiño,  aínda que a día de hoxe é estrano ver presenza feminina en seccións como a dos deportes ou a da economía.

O programa de Radio Eume, dirixido por Xose Cendán, analizou tamén o papel da muller na vida política. Polos estudos da emisora local, trasladados de maneira excepcional, á sala de lectura da Biblioteca Municipal pasaron as concelleiras María Jesús Romero, do Bloque Nacionalista Galego, e Montserrat García, do PSdeG-PSOE, que están convencidas de que as mulleres que forman parte dun goberno están nese posto por valía e non por cumprir coas estatísticas que establece a lei de paridade.

Mari Carmen Rego, Directora do Centro de Información á Muller, do Concello das Pontes foi outra das voces convidadas a este espazo. A tamén psicóloga destacou a enorme participación da cidadanía pontes nas actividades que se organizan desde o seu departamento.

Voces en Igualdade rematou coa intervención do concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, que se reafirmou no compromiso do goberno municipal de traballar en prol da igualdade. De feito, recordou José Alén a recente publicación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello das Pontes, un proxecto realista que definiu como un salto cualitativo na política de igualdade do Concello.

A televisión local ofrecerá o vindeiro luns o programa Voces en Igualdade. Será tralo telexornal. E ese mesmo día comezará tamén a desenvolverse a actividade denominada Semana da Muller nas Escolas, unha serie de obradoiros de igualdade para o alumnado de todos os centros de primaria da localidade

Sociedade