Unha nai que era unha cómplice

Unha nai que era unha cómplice
27 de Maio, 2022 - 12:12 h. | Publicada por Radio Fene

Parte da vida de María Casares foi novelada por Manuel Rivas en “Os libros arden mal”. Rivas tamén escribiu La mujer rebelde dentro de El periodismo es un cuento publicado por Alfaguara en 1997. María Casares era filla de Santiago Casares Quiroga e Gloria Pérez Corrales, Gloria foi desde o principio a súa cómplice. María Casares, tiña unha medio irmá, Esther, nacida dunha relación anterior do seu pai.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Helga Méndez, actriz que realiza o papel de Gloria Pérez no podcast Eu son do océano, producido por Son Radiofusión e dirixido por Eugenia Sanmartín,  Cristina Mariño fai o papel de Esther, Cristina Moreira o de María Casares. Pode escoitarse todos os dias ás nove da mañá e as nove da noite na sintonía de Radio Fene. 

Cultura

Publica o teu comentario agora