Unha nai recente é unha muller de loito por esa outra muller que deixa atrás.

Unha nai recente é unha muller de loito por esa outra muller que deixa atrás.
24 de Decembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ese loito nunca se acompaña,vístese de festa, adórnase con vestidos novos e roupa pequena ateigada de lazos de satén. Ningún outro cambio esixe tanto como contrapartida, nin sobre todo tanto silencio.

ESCOITA O PODCAST:

Neste capítulo de “de puño y letra” a escritora Berta Dávila preséntanos “Os Seres Queridos”

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/241224LETRA.mp3

Cando alguén abandona o seu país porque aceptou un traballo novo e excitante na outra punta do mundo,calquera entende que a emoción ou a alegría, se aparecen, veñen mesturadas coa incerteza e a nostalxia. No caso dunha nai recente, nunca é así.

Nos seres queridos, novela gañadora do premio Xerais de narrativa galega, Berta Dávila relátanos a experiencia dunha maternidade complexa,chea de sentimentos ambiguos e de expectativas frustradas.

Cunha escritura penetrante e evocadora,os seres queridos trata de profundar no significado dos vínculos que nos sosteñen e en como a literatura é capaz de recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.

Cultura

Publica o teu comentario agora