ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Neda organiza unha nova visita interpretativa ao muíño do Carrizo. A iniciativa, que se celebrará o sábado 5 de setembro, na véspera da Festa do Pan, é posible grazas á colaboración que
novamente brindan os actuais donos do muíño, Xavier Pujol e Manuela Calderón. A participación é de balde, con 50 prazas dispoñibles.

A inscrición abrirase este mércores 26 de agosto ás 10:00 horas -ata o 2 de setembro, en horario de mañá- a través do número de teléfono 981 390 233. A visita incluirá unha camiñada pola beira do río Belelle, que partirá da área recreativa de Maciñeira ás 10:00 h. Polo camiño, Xavier Pujol, experto en educación ambiental, falará da flora e fauna do territorio, ademais de abordar usos e costumes na zona ligados ao río. Xa no muíño, xunto a Manuela Calderón, compartirá coas persoas participantes a historia do muíño, que comezaba no século XIX como fábrica de papel, e continuaba como muíño fariñeiro ata a década dos 80 do pasado século, cando cesaba a actividade.
Publica o teu comentario agora