Unha noticia feliz

Unha noticia feliz
02 de Agosto, 2026 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Volve estar en funcionamento, para alegría de nenos e nenas, e comodidade das súas familias, o Safari Park de Fene que levaba varios meses pechado. Os novos xerentes son unha parella de Barallore, Tamara Bouza e o seu home Rubén Rico. 

ESCOITA O PODCAST:

“Setembro pinta moi ben temos bastantes reservas”, apunta a xerente do Safari Park de Fene. Déronlle unha volta ás instalacións deste local de ocio infantil e xa abriu de novo as súas portas. Inauguraron o pasado domingo, o luns pola tarde xa tiveron a celebración dun aniversario infantil e o mércores recibiron aos nenos e nenas do campamento de tenis Justo al Revés. “Viñeron moitas familias preguntar e informarse”, así que as expectativas son boas para un negocio especial porque está focalizada en que nenos e nenas o pasen ben. Tamara e Rubén non tiñan experiencia previa no sector, pero son pais de tres fillos e iso dálles unha idea moi útil das preferencias de nenos e nenas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora