ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As Pontes acollerá o vindeiro domingo a XII edición da Feira do Cabalo, que organiza cada ano o Concello e a asociación hípica Cabaleiros do Eume. Nesta edición repartirán 6.000 euros en premios entre as diferentes competicións que se celebrarán na Canle IV.
Está previsto que asistan xinetes de toda Galicia, que participarán en probas como unha gynkana; carreiras de trote, gallope e marcha ou unha proba de arrastre. Os premios que se repartirán oscilarán entre 30 e 150 euros. Tamén recibirán un galardón de 150 euros as mellores carrozas de dúas e catro rodas. Para participar, é necesario inscribirse antes das 11.00 horas do domingo.