ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha iniciativa única en Galicia regala unha nova vida. O proxecto RER (Recollida e Recuperación) é unha idea do Responsable de Emerxencias do Concello de Allariz, Miguel López sobre a que hoxe falamos en Onda ODS.
O proxecto RER naceu co obxectivo de reutilizar material que a xente tiraba no punto limpo. Púxose en marcha hai menos dun ano e cada día medra máis. Son moitas as persoas que se achegan ao Polígono de Chorente coa intención de reciclar e moitas tamén as que van na busca de obxectos que precisan e que non teñen que mercar. Utensilios de cociña, electrónica, pezas de electrodomésticos, coches para bebés, antigüidades, téxtiles, máquinas de ximnasio, materiais de construción…Case todo o que podamos precisar atopámolo aquí perfectamente ordenado e clasificado por seccións. Sen ter que pagar nada, tal e como explica Miguel López, en Onda ODS.
Na imaxe, Miguel López (Responsable do proxecto RER) durante a entrevista con Susana Falcón (Radiofusión).
Publica o teu comentario agora