Unha nova oportunidade

Unha nova oportunidade
13 de Maio, 2026 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

Nova iniciativa do Concello de Fene para o fomento do emprego, neste caso en colaboración cos Concellos de Ares e de Neda. Impartirán a partir de xuño e durante nove meses outra edición do obradoiro Reinicia. Con esta xa van doce. 

Ofrécense tres especialidades distintas no Reinicia XII. Son Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble, Traballos de carpintería e moble e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Desde o comezo do obradoiro o alumnado-traballador será contratado na modalidade de contrato para a formación e a alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional. Ao remate do obradoiro, o alumnado obterá un Certificado de Profesionalidade que acredita a súa especialización para traballar nesa profesión. Da preselección de participantes ocupouse o Servizo Público de Emprego, segundo informou a Concellería de Emprego. O programa Reinicia conta con financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora