ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A protagonista da novela Furia de María Reimondez vive o deporte coma unha redención, asegura o escritor Manuel Bragado. Trátase dun libro cheo de sutileza e complexidade. Falamos de literatura esta mañá na Fenestra, de Radio Fene. Unha rapaza de dezaseis anos vive confusa na súa convivencia coa dor, segundo Bragado.
A súa novela Corredora é unha referencia desde hai case unha década. María Reimondez é unha das grandes narradoras de temática deportiva, apunta Bragado.
Argumento
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Furia, a novela de María Reimondez, que nos recomenda o editor, escritor e pedagogo Manuel Bragado
Publica o teu comentario agora