Unha novela sobre o galego que fundou Badaxoz

Unha novela sobre o galego que fundou Badaxoz
12 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Lagarteira

O muladí, cristián convertido ao Islam, Muhammad Ibn Marwán “O galego” fundou Badaxoz no ano 875. Marwan pelexa no castro da Ventosa en Pieiros entre Vilafranca do Bierzo e Cacabelos contra o rei Afonso III. Colleu centos de prisioneiros galegos e instalounos no que hoxe son as ruinas de Salvaleón no val do Ellas, segundo o catedrático da Universidade de Vigo Henrique Costas. As repoboacións tamén deberon chegar á serra de Aracena en Huelva, onde hai fortificacións que se agrupaban na denominación "Banda galega", mentras que outras se chamaban "Banda morisca".

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Marwan “O galego” é un personaxe cativador, unha especie de pirata que se aliou sucesivamente con cristiáns e musulmáns. Puxo en apuros ao emirato de Córdoba en máis dunha ocasión. Marwán, o seu pai e o seu avó protagonizan a triloxia de Henrique Costas que comeza coa novela “Ao sur da liberdade”. O avó foxe de Galicia para escapar do castigo a un crime, a morte dun freire do mosteiro de Samos.

 

Ana Santiago, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz conversaron con Henrique Costas no club de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre "Ao sur da liberdade"

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora