Unha obriga

Unha obriga
18 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Deportivo volve a xogar fóra da casa esta fin de semana. O equipo de Óscar Cano visita ao Talavera o domingo ás 12,00 horas. A vitoria é “unha obriga” para o técnico branquiazul.

ESCOITA O PODCAST:

Antes de partir cara a Toledo, o adestrador do Deportivo referiuse aos malos resultados do conxunto herculino lonxe de Riazor. “Hai moita diferencia entre o que ocorre na casa o que sucede fóra. Non vexo frustración pero si unha obriga que debemos impoñernos porque se a liga segue así, non nos vai dar para chegar ao obxectivo”, manifestou Cano en rolda de prensa. Logo de empatar sen goles a pasada semana no campo da UD Sanse, o equipo coruñés chega á xornada 24 en Primeira RFEF con 43 puntos, a catro do Alcorcón, actual líder da clasificación. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a conseguir ese ansiado triunfo en Talavera co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na na canle de Youtube Radiofusión Emisoras.

Na imaxe, Alberto Quiles disparando durante un adestramento.

Fotografía: RC Deportivo.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora