Unha ocasión única

Unha ocasión única
27 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Semana de dubidosas negociacións entre Pedro Souto Varela e Sáenz de Gondomar mentres o Deportivo desperdicia en Riazor “unha ocasión única”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

O partido de semifinais de Champions disputado o 4 de maio de 2004 na Coruña entre o Deportivo e o Porto serve como escenario do encontro entre Souto Varela e o tío do pederasta e autor da morte de María Silveira. O comisario Sánchez Pereiro non está moi dacordo coa postura adoptada polo seu xefe no ámbito privado para negociar o futuro de Francisco Sáenz. Tampouco entende o “absurdo” penalti que fai César sobre o céspede. “Tivemos unha ocasión única para ser campións de Europa e desperdiciámola. Non volveremos ter outra. E, o que é peor, moito me temo que acabamos de asistir ao principio do fin do Súper Dépor”, reflexiona o comisario nos capítulos de Lobos Doentes que Radio Fene emite este venres.



Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Henrique Sanfíz e Franki Muíño, actores de Lobos Doentes.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora