Unha pastilla de xampú

A aplicación semella rara pero resulta moi eficaz
15 de Outubro, 2020 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

Existen os xampús sólidos, como unha pastilla de xabrón, 100% naturais e tanto ou máis efectivos que os convencionais.

ESCOITA O PODCAST:

Estamos afeitos a usar pastillas de xabrón sólido porque descoñecíamos que existe o xampú tamén nese formato. O xampú sólido ten moitas vantaxes, tanto en resultados persoais como medio ambientais e hai moitas variedades deste produto: xampú de ortiga (caída ou caspa); de alfalfa e coco; para coiro cabeludo sensible (mesmo para bebés); para que non amareleen as canas…Os resultados son mellores que os dos xampús convencionais que coñecemos porque son máis naturais na súa composición. “O pelo libérase de produtos tóxicos e esquecémonos das espumas, xeles e acondicionadores varios” apunta Margarita Rodríguez, de Eco4 Narón.

A aplicación dos xampús sólidos parece rara pero, cando nos afacemos, notamos unha gran melloría no pelo. Aínda así existen tamén acondicionadores, sólidos e en crema, con áloe vera e karité. A outra vantaxe é a eliminación de envases de plástico innecesarios. Nos sólidos só hai cartón ou vidro (no caso do acondicionador en crema), ambos reciclables. Non xerar residuos novos é unha boa aportación á saúde do planeta ao que hai que sumar que os produtos son 100% naturais e biodegradables. A pega é que a lexislación vixente non permite a venda de xampús líquidos a granel.

Sociedade

Publica o teu comentario agora