ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Castelao é un dos referentes de Galicia tanto no eido político como no literario mais tamén na plástica. Foi dos poucos que soubo ver o papel do realismo na arte e que pelexou a contracorrente contra o costumismo”. Así fala Xesús López Piñeiro da figura de Castelao na contraportada do seu libro Castelao. Plástica e pensamento 1903-1916
A obra plástica de Castelao e o seu pensamento van da man no libro Castelao. Plástica e pensamento 1903-1916. “O costumismo do século XIX en Galicia ía a remolque do costumismo en España. Representaba o conservadorismo que levaba o Estado español naquel tempo coa Restauración. Castelao deuse conta que aquela Galicia que empezaba a vivir con vinte anos en Santiago estaba morrendo e había que facer algo. Entón pensou que o primeiro que había que combater era o costumismo porque é mentira como estilo artístico porque todo o que está dicindo non ten nada que ver coa realidade”, afirma Xesús López Piñeiro, co que falaremos este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.
Publica o teu comentario agora