Unha persoa de palabra

Unha persoa de palabra
13 de Xullo, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Charo Pita é actriz, poeta, cantante e narradora aínda que “o que realmente me sinto é contadora”, asegura a autora de Retratos en branco en negro que acaba de publicar a Editoral Galaxia.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/140722PITA.mp3

Fotografía: Xan Xe Corral

“Fixen algo no ámbito musical e no ámbito do teatro pero eu realmente son narradora. Narradora tanto da palabra escrita como da palabra oral, nun sentido amplo. Para min é esencial a palabra. O teatro tamén ten que ver coa palabra e a música tal e como eu a concibo. O pouquiño que levo feito en música basease en poemas infantís que tiña feitos e que lles puxen melodía. Síntome sobre todo unha persoa de palabra, unha persoa que conta”, desvela Charo Pita.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora