Unha peste que queren envolver en celofán

Unha peste que queren envolver en celofán

15 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Centenares de persoas --máis dun millar segundo a organización-- convocadas por distintas plataformas e asociacións de veciños, rexeitaron nunha manifestación polas rúas do municipio coruñés de Carballo a posta en marcha da mina de ouro de Corcoesto que, conforme sinalou o escritor Manuel Rivas, "deixará unha ferida na zona que non cicatrizará nunca". “É unha peste que queren envolver en celofán",

Baixo o lema 'Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: non á mina de Corcoesto', os participantes na marcha rexeitaron este proxecto mineiro que afectará a tres municipios da bisbarra, Cabana de Bergatiños -- ao que pertence Corcoesto--, Ponteceso e Coristanco.
Segundo a Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a mina empregará unha "grande cantidade de cianuro que afectará á auga e aos terreos de toda a bisbarra, en concreto, 1,49 toneladas diarias durante os 365 días do ano e durante os máis de 8 anos de explotación previstos pola empresa canadense Edgewater".

Sociedade