Unha placa na Praza de Pontevedra para Marinhas del Valle

Unha placa na Praza de Pontevedra para Marinhas del Valle

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha placa no número 17 da Praza de Pontevedra da Coruña lembrará ao escritor galeguista Jenaro Marinhas del Valle. Descubriráse ás nove desta noite dentro do Congreso organizado na cidade herculina en torno á obra literaria e política dun dos promotores da confluencia entre o galego e o portugués.

Galeguista, reintegracionista, coruñés. Son tres epítetos que casan con Jenaro Marinhas del Valle, polígrafo comprometido coa cultura e a política de Galicia, a quen se lle rende tributo dende onte á tarde e ata o sábado na cidade herculina.

 

A Associaçom Galega da Língua organiza un congreso sobre figura de quen fora secretario xeral das Mocidades Galeguistas e continuador dunha tradición familiar inserida na cultura do país. O presidente da AGAL, Alexandre Banhos refería que nesta cita se van a tratar todas as facianas da vida e obra de Marinhas del Valle.

Un dos aspectos máis significativos do pensamento do autor era a defensa da unidade do galego e o portugués. Un pensamento que o promotor do evento comparte plenamente e que consta que ten sobrado fundamento grazas ás probas documentais. Jenaro Marinhas del Valle morreu hai dez anos na Coruña e ata o sábado lémbrase a súa vida e obra.

Cultura