ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Mugardos organiza unha xuntanza interxeneracional “Unha Ponte no Tempo” no parque de Beiramar este sábado día 13 de xuño. Pretenden favorecer a cohesión social entre as distintas xeneracións e a participación das persoas maiores.
É o segundo ano que se fai “Unha ponte no tempo” esta xuntanza interexenacional de xogos tradicionais. Invitan a participar o toda a venciñanza de Mugardos. Para asistir á xuntanza porán un servicio de autobuses que sae do Concello de Mugardos as 11:30 horas e traerá á xente de regreso as 21:30 horas.
Ademais dos xogos, para xantar repartirase empanada e bolas e pola tarde actua o grupo de teatro de Mugardos, actuación do teatro da sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, actuacións da escola de Música do Concello de Mugardos, e para rematar dará un concerto, “Estimaba que viñeras”.
Nesta actividade colabora a Deputación da Coruña, a SCDR Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o alumnado e mestres das Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Mugardos.