Unha práctica dos nosos avós e avóas

Unha práctica dos nosos avós e avóas
11 de Novembro, 2022 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Sensibilizar e capacitar ás persoas para poder traballar en proxectos de compostaxe. Ese é o obxectivo do curso técnico de compostaxe descentralizada que impartirá ADEGA no Concello de Fene. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Débese ter coidado para obter un abono de calidade e evitar que os residuos acaben nun vertedoiro. Por unha parte de materia orgánica hai que botar outra parte de material estruturante, follas e restos de poda. Nas vivendas unifamiliares é moi factible reducir o volume de lixo xerado, afirma o concelleiro de Fene Justo Martinez Ardá. O tempo é un factor moi importante nun compostaxe,unha práctica que xa facían os nosos avós e avoas,  segundo a bióloga María Amigo. O curso técnico de compostaxe descentralizada vai dirixido a persoas desempregadas. Impartirase en horario de mañá entre o 21 de novembro e o 23 de decembro. O prazo de inscrición permanece aberto ata o venres 18 de novembro no Concello de Fene. Máis información en compostaxe@adega.gal ou no 628378804

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora