Unha praza para tres

Unha praza para tres
15 de Outubro, 2018 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío, Neda, San Sadurniño e Narahío semellan ter asegurada a praza para o "grupo bó" da Segunda Galicia de fútbol. Queda só unha praza que se disputarán Barallobre, Estrella e Cebarca. Precisamente Barallobre e Cebarca xogan a vindeira xornada no campo do Ramo. "Se gañamos xa deixamos descolgado ao Cebarca" afirma o adestrador do Barallobre Óscar Varela.

ESCOITA O PODCAST:
Sociedade Deportiva Barallobre

"Foi un partido igualado nun campo complicado" afirma Varela en referencia ao encontro xogado en Narahío (2-1). "Nós marcamos dous goles pero só valeu un, e o segundo gol do Narahío foi unha xogada moi dudosa" salienta o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora