Unha raíña en Limodre

Unha raíña en Limodre
24 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Camiño de Santiago, o Camiño Real e unha Raíña de España..... e todo isto en Limodre. A Asociación veciñal que preside Ana Santiago gosta de rabuñar na historia local da parroquia. 

A princesa Mariana de Neoburgo, viña a España para casar con Carlos II aló polo ano 1689. Primeiro ía desembarcar en Santander, pero o temporal aconsellou á tripulación a dirixirse á Coruña. Á altura de cabo Prioriño, a mala mar obrigou ao buque a buscar abrigo na ría de Ferrol. Embarrancou diante do castelo da Palma nunha rocha na que a aristócrata esbarou ao baixar do buque. A rocha chámase en Mugardos a do "cú da raíña". En Mugardos déronlle hospedaxe, un pintor local realizoulle un retrato e as costureiras da zona, arranxaron os vestidos para que Mariana puidera lucir todo o seu esplendor. De Mugardos diriixiuse a Pontedeume, pasando por Limodre para hospedarse no pazo dos Andrade. Dalí marchou para a cidade da Coruña. 

Sociedade