Unha raza que namora

Unha raza que namora
26 de Abril, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Máis dun cento de caniches procedentes de toda Galicia e de distintos puntos de España reúnense en Fene este sábado. Participarán na II Canichada de Galicia que se vai celebrar no Pavillón A Xunqueira de San Valentín, informou en Radio Fene Thiago Noel Ferreira, organizador do evento e secretario da Asociación Fomento del Caniche Club en España. 

ESCOITA O PODCAST:

“Unha raza que namora, un animal moi coqueto e familiar”, ao que está dedicado o evento que acollerá Fene o sábado. “Todos os cans teñen encanto, son seres vivos, pero o caniche é peculiar pola estética e o carácter cos nenos, cunha persoa maior, con toda a familia”, asegura este apaixonado dos caniches. A II Canichada de Galicia reunirá exemplares chegados de distintos lugares como Cantabria, País Vasco, Madrid ou Málaga. Están previstas actividades sobre perruquería e coidados destes animais. Tamén un desfile de Entroido e recadaranse fondos para a asociación Cometa. O evento comezará ás 11 e rematará con sorteos que se efectuarán ás seis da tarde. A entrada é libre.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora