Unha referencia do municipalismo

Unha referencia do municipalismo
19 de Setembro, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xosé María Rivera Arnoso foi unha referencia do municipalismo en Galicia. O escritor e xornalista Xurxo Rodríguez refírese así a quen foi alcalde de Fene entre 1979 e 2007. O literato lembrou a atención que Rivera Arnoso prestou ao mundo da emigración galega. Xurxo Rodríguez ven de publicar un libro no que inclúe unha entrevista co ex-alcalde de Fene en torno á súa vida política. Pódese descargar de balde en Internet https://issuu.com/ordosgonzalo/docs/tagoror-radiofonico-xurxo-rodriguez.... e chámase Tagoror radiofónico, recollendo unha palabra guanche que significa reunión, asemblea. 

ESCOITA O PODCAST:
Xurxo Rodriguez reside na actualidade en Vigo

Xurxo Rodríguez lembra a importancia de poboación galega en Fuerteventura. Entre o ano 2000 e o 2007 vivían nesa illa das Canarias arredor de 20.000 galegos, o 20% da poboación total. Era unha situación económica expansiva. Tagoror radiofónico. 25 entrevistas de Xurxo Rodríguez Pérez, chámase así este libro que ven de publicar este galego de Fuerteventura.  Son conversas sobre programas de radio emitídos entre 2004 e 2008 en Radio Archipiélago, Canal 9 e Radiodifusión Fuerteventura.

Institucional

Publica o teu comentario agora