Unha relación que non vai a ningures

Unha relación que non vai a ningures
08 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Oito días sen Eva Cortes abarca o tratamento xornalístico dunha desaparición pero tamén o amor desgastado de Antía e Darío e a obsesión pola maternidade teñen cabida nesta primeira novela de Sara Vila sobre a que falamos este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/080922VILA.mp3

 

Fotografía: Xan Xe Corral

“Antía é a protagonista. É una xornalista que está bastante frustrada co seu traballo e tamén coa súa relación de parella. Unha relación de parella que se ve moi pronto que non vai a ningures porque hai intereses que non coiciden. Por iso, precisa un revulsivo que a faga espertar. Ela ten unha obsesión coa maternidade, que é outro tema que quixen tratar. Iso de cando as mulleres chegan a certa idade e esa pregunta se nos impón. Xa non se queremos ou non ser nais senón cando imos selo”, explica Sara Vila, a autora desta obra coa que conversamos este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora