Unha riqueza sen fin

Unha riqueza sen fin
05 de Xaneiro, 2026 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

A música brasileira é unha riqueza sen fin, para Dalila Vié, música que ven de instalarse preto de Xinzo de Limia. A sensibilidade, intensidade e presenza marca a súa traxectoria. Lanzou o seu primeiro album en solitario en 2005, unha obra de identidade contemporánea e vibrante en sons e ritmos brasileiros, ben recibida polo público e pola crítica. Participará no programa Outonalidades 2026 en Portugal. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

A música do Brasil chegou onte domingo a Ferrol. A cantora Dalila Vié e o músico Sergio Tannus ofreceron un concerto en Artabria en Ferrol. Visitou tamén os estudios de Radio Fene. Dalila Vié referiuse aos grandes mestres como Tom Jobim, Gilberto Gil e Caetano Veloso. E das grandes cantoras como Elis Regina. En Brasil hai moitos xoves músicos aparecendo e facendo un traballo consistente. Está apaixonada por Tim Bernardes, Zé Ibarra e Dora Morelenbaum.. No seu primeiro álbum escolleu unha música do Cartola e non puido rematar de gravar porque non paraba de chorar. Tamén escoita a Nelson Cavaquinho, Bebe de moitas fontes. Actuará o 16 de xaneiro en Ourense. 

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora