Unha romaría tradicional

Unha romaría tradicional
27 de Agosto, 2025 - 10:12 h. | Publicada por Radio Fene

A tradicional Romaría do Pote que organiza a ACRD O Pote de Maniños, celébrase este domingo, 31 de agosto. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia para ese día o espectáculo Ghop!, de Teatro ao cubo. A función, dirixida a todos os públicos, comezará na asociación ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde. O sábado á noite actuación da banda de gaitas Airiños de Fene e de Luar na Lubre

Fotografia Xan Xe

Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía “GHOP!”, un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

Elenco: Sofía Espiñeira, Noel Fandiño e Roberto Casal

 

Na imaxe o grupo de baile de Airiños de Fene no campo da festa de Maniños. Romaría do Pote 2023.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Comentarios

Hola, no es el viernes es el sábado, el concierto de Luar na Lubre y Airiños. Entiendo que tienen el cartel y aparece todo. Además el domingo hay más conciertos no sólo lo que publicitan. Saludos
Nome: 
Miguel Doval

Publica o teu comentario agora