Unha senda peonil para Lubián

Unha senda peonil para Lubián
20 de Novembro, 2020 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene proxecta habilitar unha senda peonil no camiño de Lubián, dado que se trata dun vial moi transitado por peóns e se busca maior seguridade e evitar accidentes. O ente municipal finalizou o acondicionamento dun tramo do camiño inglés a Santiago de Compostela ao seu paso por Mundín. Instalouse mobiliario urbano, unha fonte, bancos para o descanso nun lugar con encanto, apuntou a concelleira de Obras e Servizos Mar Piñeiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Nunca tanto andamos como nesta época de confinamento

Unha capa de aglomerado recibirán boa parte das rúas de San Valentín a vindeira semana. Con ese motivo a avenida do Mar permanecerá pechada ao tráfico dende ás oito da mañá do luns ata as oito da tarde do mércores. Despois dese dia procederase ao pintado das zonas de aparcamento de vehículos e pasos de peóns. A actuación intenta mellorar a accesibilidade e eliminar barreiras arquitectónicas, permitindo circuítos accesíbeis para as persoas, segundo Mar Piñeiro. A edil solicitou a colaboración cidadán e pediu desculpas polas molestias que se puidera ocasionar.

Institucional

Publica o teu comentario agora