Unha sociedade mellor

Unha sociedade mellor
20 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene sitúase na vangarda do camiño á Igualdade coa elección de Sandra Permui como alcaldesa, a primeira na historia municipal, e a incorporación doutra muller á Corporación, Alba García Fariña, nova concelleira do BNG.  



 

ESCOITA O PODCAST:

Nove das dezasete persoas que forman a Corporación municipal de Fene son mulleres. A última en incorporarse é Alba García Fariña, veciña de San Valentín, terapeuta ocupacional de profesión, nova concelleira do Bloque Nacionalista Galego que accede ao cargo trala renuncia de Juventino Trigo. Logo de tomar posesión declarou a Radio Fene que se incorpora ao Concello “con moita emoción e moitas ganas”. O seu obxectivo “traballar pola veciñanza para construír unha sociedade mellor”.

Institucional

Publica o teu comentario agora