Unha soldadeira de sona

Unha soldadeira de sona
07 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Naceu en Armeá en Coirós, no século XIII. María Pérez, María a Balteira era unha soldadeira que aparece en todos os reinos da península, incluso na taifa de Murcia, aliada de Afonso Décimo contra Granada. Fálanos dela a experta en música medieval, María Gimenez, de Manseliña.

Fotografía Xan Xe

María Giménez considera que o nivel musical medra en Galicia. «En relativamente pouco tempo temos orquestras case en todas as grandes cidades, algunhas nutridas só con músicos de aquí, e tamén hai orquestras de estudantes nos conservatorios, na universidade e mesmo nalgúns institutos». O xoves poderemos escoitar no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión a conversa con María Gimenez, do grupo Manseliña sobre as cantigas de Afonso X o Sabio e a música medieval.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora