Unha suba inxusta e irresponsable

Unha suba inxusta e irresponsable
13 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Inxusto e irresponsable”, valoración do voceiro socialista no Concello de Fene, Joaquín Ayala, sobre a suba do canon de Sogama. Os socialistas apoiaron a moción aprobada polo Concello contra ese aumento do canon logo de que o Goberno aceptara incorporar algunhas propostas súas. 

ESCOITA O PODCAST:

“Inxusto porque se produce no medio do ano, pilla aos concellos co pé cambiado. Irresponsable porque non houbo escoita aos municipios”, razoa o voceiro do PSOE no Concello de Fene. Para o novo curso político, ponlle deberes ao Goberno municipal: “hai un que é básico para poder gobernar, aprobar uns Orzamentos”. 

“Estamos en setembro de 2024 cos de 2022 prorrogados, son uns orzamentos cativeiros, todo subiu e hai que reflectir iso”, sinala Ayala. “Facer as cousas ben e con rigor, cobrar o verdadeiro custo dos servizos”, pide o voceiro socialista aínda recoñecendo que “as subas son impopulares”.  

 

Institucional

Publica o teu comentario agora